BASES CONCURSO

BASES DA CAMPAÑA PROMOCIONAL “GALA DE OUTONO DA PROVINCIA DE LUGO”

1. «GALA DE OUTONO DA PROVINCIA DE LUGO” é unha campaña promocional e publicitaria, promovida e organizada pola Excma. Deputación Provincial de Lugo, xunto coa Federación de Asociacións de Comercio da Confederación Provincial de Empresarios de Lugo-Federación de Comercio de Lugo, que ten como finalidade fundamental, o recoñecemento e posta en valor da importante posición que ocupan os pequenos comercios retallistas, como motores fundamentais da economía da provincia de Lugo, poñendo en alza, difundindo, e valorando como merecen os grandes esforzos que realizan estes pequenos comercios da nosa provincia, para fortalecer e mellorar a situación do tecido empresarial e comercial da mesma. Ao mesmo tempo, esta campaña pretende dar a coñecer e difundir entre os consumidores da provincia, a calidade da oferta comercial que lles proporcionan diariamente estes pequenos comercios, destacando as señas de identidade propias do comercio de proximidade, isto é: cercanía, trato directo e personalizado, calidade de produtos e servizos, e forte impulso da economía local, ao ser un dos seus motores principais, recoñecendo e poñendo en alza os valores tradicionais do pequeno comercio, e tamén as súas importantes iniciativas e accións dirixidas e modernizarse, innovar, dixitalizarse e resultar altamente competitivos. Esta campaña pois, ademais de recoñecer e premiar aos pequenos comercios e a súa importante labor como motor da economía provincial e local, pretende incentivar o consumo e as vendas neste sector, fortalecendo así a economía provincial e reportando beneficios a todos.

2. OBXECTIVOS DA CAMPAÑA: Así pois, esta campaña pretende recoñecer e premiar, a gran importancia e valor do pequeno comercio polo miúdo, para a mellora e fomento do desenrolo e fortalecemento da economía da provincia de Lugo, mediante as constantes actuacións que levan a cabo ditos comercios ao longo de todo o ano, de xeito individual, co seu traballo diario, a súa boa xestión, a calidade dos seus produtos e servizos, e a boa atención personalizada aos clientes. E tamén a través das melloras e innovacións que incorporan nos seus establecementos, de xeito colectivo, participando asíduamente nas accións e campañas conxuntas que organizan habitualmente, tamén durante todo o ano, as entidades que os representan, isto é, as Asociacións de Comerciantes Locais da Provincia de Lugo, e a propia Federación de Comercio de Lugo, contando sempre coa imprescindible e fundamental cooperación e apoio das entidades públicas competentes locais, provinciais e autonómicas, como é neste caso a Excma. Deputación de Lugo.

Todas estas accións individuais e colectivas, que o pequeno comercio e as entidades que os representan poñen en marcha e nas que participan masivamente os establecementos comerciais da provincia, están todas elas pensadas e dirixidas sempre a incentivar o consumo e incrementar as vendas no pequeno comercio local e provincial, mediante a realización de campañas promocionais, accións publicitarias e de difusión, actuacións de fomento do emprendemento, da renovación, modernización e dixitalización do sector, tratando sempre de potenciar o aumento e mellora da súa competitividade fronte a outros formatos de distribución comercial, incluíndo todas elas habitualmente, accións promocionais e publicitarias de todo tipo.

Entre estas accións podemos atopar habitualmente durante todo o ano, a realización de sorteos de tarxetas regalo ás que poden optar os consumidores que merquen no pequeno comercio local, e que deben ser usadas tamén polos agraciados para mercar no pequeno comercio; concursos dirixidos por e para os comerciantes, para animar a todos eles, a mellorar e modernizar a imaxe e xestión dos seus establecementos, e tamén para fomentar de xeito xeral o uso das novas tecnoloxías na xestión dos seus negocios e introducirse masivamente nas vendas online.

Tamén inclúen moitas destas accións animación nas rúas para nenos e grandes, que dotan de vida e actividade os centros das rúas das nosas vilas e cidades, a realización de descontos en datas sinaladas para o sector (organizados individualmente ou de xeito colectivo mediante as campañas), e calquera fórmula que resulte útil e eficaz para atraer aos consumidores, fidelizalos, e incentivar o consumo no pequeno comercio, concienciándoos ao mesmo tempo de que se mercan no pequeno comercio local e provincial, están invertindo en beneficio da economía local e provincial, que repercute en beneficio de todos.

Xa que é evidente que o pequeno comercio local constitúe un dos sectores máis fortes e un dos principais motores da economía local e provincial, polo que se o pequeno comercio funciona ben e obtén bos resultados, grazas en parte ao gran esforzo que fan traballando constantemente na mellora dos seus negocios, e coa posta en marcha e participando en todas estas iniciativas de promoción, publicidade, dinamización, modernización e incentivación das vendas, os seus bós resultados, repercuten directamente en beneficio do desenrolo da economía local e provincial.

Por isto esta campaña quere recoñecer e premiar o importante esforzo, e as accións realizadas polo pequeno comercio en beneficio de toda a economía provincial e local.

Así pois, a través desta campaña, ademais de recoñecer e valorar o gran esforzo que fan día a día os pequenos comerciantes por resultar máis competitivos no difícil mercado actual, por mellorar e innovar cada día na xestión dos seus negocios, na atención ao cliente, e na súa imaxe, dándolles un merecido premio a aqueles máis activos e participativos nas accións dirixidas a acadar estes obxectivos, tamén se consigue incentivar a outros moitos pequenos comercios, novos e veteranos, a seguir o seu exemplo, e continuar contribuíndo todos eles a acadar a plena competitividade do sector, fortalecendo o tecido empresarial e comercial da nosa provincia, e beneficiando a todos os veciños da mesma.

3. DATAS DE REALIZACIÓN DA CAMPAÑA E ÁMBITO DA MESMA:
O ámbito desta campaña abarca a provincia de Lugo, polo que poderán participar na mesma comerciantes que desenrolen a súa actividade comercial na provincia de Lugo, sendo a data de inicio o 9 de novembro do 2022, e a data de finalización de tódolos actos da campaña, coa celebración da Gala final onde se darán a coñecer os comercios gañadores, e que terá lugar a en data de 15 de decembro do 2022, ás 19h na sede da Excma. Deputación de Lugo, sendo convocados fehacientemente e con antelación suficiente tódolos comercios participantes, a fin de que poidan asistir á mesma.

4. A DINÁMICA DA CAMPAÑA SERÁ A SEGUINTE:
Esta campaña consiste pois nun CONCURSO DE MÉRITOS ENTRE PEQUENOS COMERCIOS DA PROVINCIA DE LUGO que se inscriban para participar neste concurso na páxina web habilitada a tal efecto: www.premioscomerciolugo.gal, cubrindo o formulario pertinente que atoparán en dita páxina, e adxuntando na súa inscrición una pequena memoria detallando os méritos que consideren cómpre destacar do seu comercio, a fin de que sexan valorados aos efectos da elección dos gañadores do concurso según os criterios expostos nestas bases. Terán de prazo para inscribirse dende o 9 de novembro (data de inicio da campaña) ata o 15 de novembro do 2022.

As inscricións serán por empresa, isto é, só poderán realizar a súa inscrición para participar no concurso desta campaña, en calidade de autónomos ou empresarios (persoas físicas ou xurídicas), que desenrolen a súa actividade comercial na provincia de Lugo e no caso de que sexan propietarios de varios establecementos comerciais, non poderán participar con todos eles. A participación é por empresa, e polo tanto participarán cun só establecemento comercial que eles elixan inscribir no concurso.

Para poder participar neste concurso, deberán ser pequenos comercios da provincia de Lugo, (tamén se inclúen as perruquerías e os salóns de estética e peiteado) que estén dados de alta nalgún dos IAES de comercio recollidos no ANEXO I desta bases.

No caso de que estean dados de alta en varios IAES, o IAE correspondente a súa actividade principal será o que deberá estar recollido no listado do ANEXO I para poder participar nesta campaña.

Neste concurso haberá un total de 5 categorías de premios nas cales os comerciantes se poden inscribir, permitíndose unha soa inscrición por empresa no conxunto destas categorías. E dicir, cada titular dun pequeno comercio da provincia de Lugo só poderá realizar unha única inscrición nunha destas 5 categorías, e poderá polo tanto optar a un só premio correspondente á categoría na que se inscribira de forma axeitada, dentro das datas sinaladas, e cumprindo en todo momento o disposto nestas bases.

As 5 categorías de premios figuran detalladas no seguinte apartado, relativo aos premios do concurso.

Terá lugar en primeiro lugar unha votación popular entre os consumidores maiores de idade da provincia de Lugo, que se inscriban na mesma páxina web: www.premioscomerciolugo.gal, para poder votar aos seus pequenos comercios favoritos, que figuren inscritos en dita páxina web en cada unha das 5 categorías de premios do concurso, podendo votar a un só comercio inscrito por categoría, e realizando as súas votacións entre o 18 e o 30 de novembro do 2022.

Asimesmo, para poder participar nesta campaña e poder realizar as súas votacións os consumidores deberán facilitar en primeiro lugar ao inscribirse na páxina web indicada, o seu nome completo, o seu DNI a efectos de identificación e un teléfono de contacto.

Entre todos os consumidores participantes terá lugar un SORTEO de 200 tarxetas prepago da entidade financieira ABANCA, por valor de 50 euros cada unha delas, que terá lugar en data de 2 de decembro as 12,30 horas na sede da Excma. Deputación de Lugo, de xeito telemático mediante un código programado que elexirá aleatoriamente aos agraciados de entre todos os participantes, e debendo os agraciados gastar estas tarxetas prepago tamén nos pequenos comercios da provincia de Lugo, tendo como prazo máximo para utilizar ditas tarxetas regalo, o 30 de xuño de 2023.

Este sorteo será regulado polas súas propias bases, as cales serán depositadas ante Notario e comunicadas ao Servizo de Xogos da Xunta de Galicia, tal e como indica a normativa aplicable.

Na votación popular resultarán elexidos 3 finalistas por cada unha das 5 categorías de premios existentes, que serán os 3 comercios que obteñan máis votos dos consumidores en cada unha desta categorías.

O gañador de cada unha das 5 categorías, será elexido de entre os 3 comercios finalistas de cada categoría, por un xurado composto por persoas de recoñecido prestixio, e amplos coñecementos e experiencia na actividade empresarial e comercial, que se reunirá en data de 2 de decembro do 2022, e procederá a elexir de entre ditos finalistas aos gañadores en cada categoría baseándose nos criterios de valoración que se detallan no seguinte apartado, relativo aos premios deste concurso.

5. PREMIOS.
Cada comerciante inscrito en cada unha das 5 categorías descritas de seguido, e conforme a todo o disposto nestas bases, optará a un premio de 1.000 euros brutos por categoría.

Cómpre aclarar que estes premios están suxeitos á retención fiscal pertinente, que levará a cabo a entidade organizadora. Polo tanto, na gala que se celebrará en data de 15 de decembro de 2022, e na cal se procederá a dar a coñecer aos gañadores definitivos de entre os finalistas de cada categoría, e farase entrega a cada uno dos agraciados dun distintivo acreditativo do premio acadado en cada categoría.

En canto aos importes dos premios, que ascenden a 1.000 euros brutos por comercio que resulte gañador do primeiro premio en cada unha das 5 categorías de premios do concurso, serán ingresados posteriormente no número de conta bancaria que o premiado facilite á entidade organizadora a tal fin, (así como outros datos que poidan ser precisos), procedendo dita entidade ao ingreso a cada un dos agraciados da cantidade resultante unha vez aplicada a retención fiscal pertinente sobre os 1.000 euros brutos de cada premio, importe sobre o que se aplicarán as retencións fiscais pertinentes segundo a normativa vixente.

Soamente poderá inscribirse neste concurso o titular ou propietario dun pequeno comercio da provincia de Lugo que desenrole unha das actividades recollidas no listado dos IAES do ANEXO I destas bases. Poderá realizar unha soa inscrición nunha das 5 categorías habilitadas e, polo tanto, só poderá optar a recibir un só premio na categoría na que figure inscrito no seu caso.

De seguido, procedemos a descrición das 5 categorías de premios ás que pode optar cada pequeno comercio inscrito, tendo sempre en conta que se fará unha soa inscrición por empresario ou autónomo titular comerciante no conxunto das seguintes categorías de premios.

CATEGORÍAS DE PREMIOS:

1. Premios á Mellor Traxectoria Individual:
Nesta categoría, valorarase e recoñecerase, ao pequeno comerciante que teña demostrado o seu esforzo, traballo e adicación ao seu comercio na localidade onde está localizado, ao longo de toda a súa vida laboral e profesional.

Valorarase tamén a súa implicación gremial e a súa vinculación coas asociacións de representantes do seu sector, na zona onde desenrola a súa actividade e coas accións que éstas desenrolan. Os comerciantes que opten a esta categoría teñen que levar como mínimo 10 anos adicados ao sector.

2. Premio á Continuidade Empresarial:
Esta categoría está dirixida aos pequenos comercios da provincia que lograran manter a súa actividade empresarial durante cando menos 25 anos, grazas ao relevo xeracional ou á reconversión do seu negocio.

3. Premio á Dixitalización:
Esta categoría está dirixida a recoñecer iniciativas que teñan contribuído a redefinir o servizo aos clientes, tratando de melloralo sempre; así como a posibilitar ou fomentar novas experiencias dixitais na interacción comercio-cliente, tanto nos comercios físicos como no comercio online.

4. Premio ao Comercio Sostible:
Nesta categoría, recoñeceranse e valoraranse aqueles comercios que destaquen na posta en marcha de proxectos innovadores, que contribúan de xeito destacado, a acadar os Obxectivos de Desenrolo Sostible (ODS).

5. Premio ao Mellor Comercio de Barrio:
Esta categoría está dirixida aos comercios localizados nalgún barrio das nosas cidades e vilas da provincia de Lugo, que destaquen porque ofertan unha proposta atractiva, diferente, innovadora e que resulte atraente para os consumidores, valorándose tamén o trato ao cliente e a conservación de algún oficio ou tradición típica da zona ou da nosa provincia ou típica galega, como por exemplo algún produto alimenticio típico ou algunha manualidade artesanal.

CRITERIOS DE VALORACIÓN QUE TERÁ EN CONTA O XURADO PARA ELEXIR AOS GAÑADORES FINAIS DE ENTRE OS TRES FINALISTAS DE CADA CATEGORÍA QUE FORON ELEXIDOS PREVIAMENTE POR VOTACIÓN POPULAR:

CADA UN DOS TRES COMERCIOS FINALISTAS ELEXIDOS EN CADA UNHA DAS 5 CATEGORÍAS DESCRITAS NESTAS BASES, A TRAVÉS DA VOTACIÓN POPULAR REALIZADA PREVIAMENTE NAS DATAS SINALADAS, SERÁ PUNTUADO POLO XURADO, SEGUNDO OS SEGUINTES ITEMS OU CRITERIOS:

ITEMS OU CRITERIOS XERAIS:

• Analizando os resultados da votación popular realizada para elexir aos tres finalistas de cada categoría, o xurado outorgará:

o 5 puntos ao primeiro que máis votos tivo en cada categoría.
o 3 puntos ao segundo que máis votos tivo en cada categoría.
o 1 punto ao terceiro que máis votos tivo en cada categoría.

• Tendo en conta os criterios de innovación e calidade:

o 3 puntos ao establecemento que mellor aposte pola creatividade e a procura de servizos complementarios a súa oferta comercial, cun valor engadido para o consumidor.
o 1 punto ao establecemento que teña implantando un sistema homologado de calidade.

• Tendo en conta a mellora da imaxe de marca do establecemento comercial

o 3 puntos ao comercio que teña reformado o seu establecemento nos últimos 3 anos.
o 1 punto ao comercio que teña reformado o seu establecemento nos últimos 6 anos.

• Tendo en conta a traxectoria empresarial

o 3 puntos por manter o negocio aberto cando menos 15 anos.
o 1 punto por mantener o negocio aberto entre 10 e 15 anos.

ITEMS OU CRITERIOS ESPECÍFICOS:

Para os comercios finalistas na categoría de Premio á Mellor Traxectoria Empresarial, o xurado analizará a memoria e a documentación pertinente, aportada polos comercios finalistas nesta categoría no momento no que se inscriben na páxina web, e puntuará en base ao seguinte baremo á Mellor Traxectoria Individual, unha vez o xurado teña analizada a memoria e toda a documentación aportada a tales efectos polos finalistas dentro desta categoría:

1. Dimensión empresarial

a. 5 puntos ao negocio comercial que máis teña crecido, tanto en recursos humanos como en implantación territorial, nos últimos 10 anos.
b. 3 puntos ao segundo negocio comercial que máis teña crecido, tanto en recursos humanos como en implantación territorial, nos últimos 10 anos.
c. 1 punto ao tercer negocio comercial que máis teña crecido, tanto en recursos humanos como en implantación territorial, nos últimos 10 anos.

Para os comercios finalistas na categoría de Premio á Continuidade Empresarial, o xurado analizará a memoria e a documentación pertinente aportada polos comercios finalistas nesta categoría no momento no que se inscriben na páxina web, e puntuará en base ao seguinte baremo á Continuidade Empresarial, unha vez o xurado teña analizada a memoria e documentación pertinente aportada polos comercios finalistas dentro desta categoría:

2. Continuidade Empresarial
a. 5 puntos aos comercios que teñan mantido a sua actividade cando menos 30 anos, e nos que se producira cando menos un relevo xeracional.
b. 3 puntos aos comercios que teñan mantido a sua actividade cando menos 25 anos e nos que se producira cando menos un relevo xeracional.
c. 1 punto aos comercios que tiñan mantido a sua actividade cando menos 20 anos e nos que se producira cando menos un relevo xeracional.

Para os comercios finalistas na categoría de Premio á Dixitalización, o xurado analizará a memoria e a documentación pertinente aportada polos comercios finalistas nesta categoría no momento no que se inscriben na páxina web, e puntuará en base ao seguinte baremo a Dixitalización, una vez o xurado teña analizada a memoria e documentación pertinente aportada polos comercios finalistas dentro desta categoría:

3. Introducción de TIC no negocio. Serán valorados neste ámbito os seguintes elementos:
i. Ofertar servizos de marketing dixital e fidelización a través de ferramentas dixitais.
ii. Ofertar omnicanal: venda on line e off line.
iii. Empregar Redes Sociais como canles de venda e marketing dixital.

a. 5 puntos ao comercio que desenrole os tres elementos de dixitalización descritos no parágrafo anterior.
b. 3 puntos ao comercio que desenrole cando menos dous dos tres elementos de dixitalización descritos no parágrafo anterior.
c. 1 punto ao comercio que desenrole cando menos un dos tres elementos de dixitalización descritos no parágrafo anterior.

Para os comercios finalistas na categoría de Premio Comercio Sostible, o xurado analizará a memoria e a documentación pertinente aportada polos comercios finalistas nesta categoría no momento no que se inscriben na páxina web, e puntuará en base ao seguinte baremo a posta en práctica de Comercio Sostible, unha vez o xurado teña analizada a memoria e toda a documentación aportada a tales efectos polos finalistas dentro desta categoría:

4. Introducción de medidas e proxectos medioambientais no negocio. Serán valorados neste ámbito os seguientes elementos:
i. Medidas conducentes á mellora do aforro enerxético no negocio comercial.
ii. Medidas aplicadas ao reciclaxe e xestión dos residuos comerciais.
iii. Medidas encaminadas ao consumo responsable e o uso do ecoetiquetado.
iv. Medidas medioambientais no empaquetado.
v. Equipación comercial eficiente certificada enerxéticamente.
vi. Outras medidas ou proxectos medioambientais

a. 5 puntos ao comercio que desenrole cando menos tres medidas/proxectos medioambientais descritos anteriormente.
b. 3 puntos ao comercio que desenrole cando menos dúas medidas/proxectos medioambientais descritos anteriormente.
c. 1 punto ao comercio que desenrole cando menos unha medida/proxecto medioambiental dos descritos anteriormente.

Para os comercios finalistas na categoría de Premio Mellor Comercio de Barrio, o xurado analizará a memoria e a documentación pertinente aportada polos comercios finalistas nesta categoría no momento no que se inscriben na páxina web, e puntuará en base a todos os baremos dispostos para as outras categorías de premios (xerais e específicos), unha vez o xurado teña analizada a memoria e toda a documentación aportada a tales efectos polos finalistas dentro desta categoría.

Os gañadores finais serán coñecidos na gala que se celebrará en data do 15 de decembro do 2022, ás 19 hs na sede da Excma. Deputación de Lugo, sendo convocados fehacientemente e con antelación suficiente á súa celebración tódolos comercios finalistas en cada categoría, a fin de que acuda un representante acreditado de ditos comercios finalistas.

Así pois, a esta gala serán invitados os comerciantes finalistas de cada categoría, e tódolos comerciantes que se inscribiron para participar e queiran asistir ao acto, dándose a coñecer os premiados finais para cada unha das 5 categorías, de entre os tres finalistas de cada unha delas.

Procederase asimesmo á entrega dun distintivo a cada finalista agraciado en cada categoría de premios, que deberá recoller un representante acreditado do comercio premiado, e procedéndose posteriormente por parte da entidade organizadora ao ingreso do importe dos premios que lles corresponden a cada un dos gañadores do primeiro premio de cada unha das categorías, isto é, 1.000 euros brutos, importe ao que se aplicarán as retencións pertinentes e que serán serán ingresados nas respectivas conta bancaria que nos faciliten a tales efectos.

6. FISCALIDADE. Recordar que estos premios están suxeitos ás retencións fiscais pertinentes, que se encargará de aplicar a entidade organizadora, ingresándolles cando proceda, o importe dos premios acadados por cada un dos comercios agraciados co primeiro premio en cada categoría deste concurso, a cantidade que corresponda unha vez aplicada ao importe bruto de cada premio, a retención fiscal pertinente.

A mera participación nesta campaña supón a plena aceptación das presentes bases que rexen a campaña, así como de todo o disposto nas mesmas a tódolos efectos. O incumprimento destas bases supón a privación de todos os dereitos que podan derivar da participación na campaña.

7. PROTECCIÓN DE DATOS. De conformidade co disposto no Reglamento da UE 2016/679 de 27 de abril do 2016, así como na Lei orgánica 3/2018 de 5 de decembro de protección de datos personais e restante normativa estatal de aplicación no seu caso, infórmase que os datos subministrados polo titular dos mesmos aos efectos de participar nesta campaña, serán incorporados a un ficheiro ou rexistro privado e confidencial, do que é titular e responsable a entidade FEDERACIÓN DE COMERCIO DE LUGO, CIF G27190602 Ronda da Muralla, nº 52, entrechán dereita, 27002 de Lugo; teléfono 982255120, e-mail info@comerciogalicia.es Este ficheiro estará depositado e almacénarase pola empresa: DINAHOSTING con sede en Santiago de Compostela, entidade que cumprirá asimesmo con tódalas garantías de confidencialidade, e con tódalas obrigas derivadas da normativa de protección de datos aplicable.
Que a lexitimación para a obtención destes datos ven dada, pola necesidade de contar cos mesmos para poder participar nesta campaña/acción promocional ou publicitaria, sendo tales datos tratados con todas as garantías, e coa única finalidade de dar saída e cumplimentar os fins e obxectivos propios da campaña, e serán ditos datos conservados polo responsable do ficheiro durante o periodo de duración de dita campaña.

A través da súa participación nesta campaña, o titular dos datos cedidos para a mesma, confirma que coñece e acepta o contido destas bases, presta o seu consentimento e autoriza expresamente a que tales datos básicos de identificación facilitados a tal fin, así como as imaxes tomadas no seu caso dos actos da campaña, poidan ser publicitados/as en medios de comunicación, redes sociais, etc, todo elo a efectos única e exclusivamente de divulgar e publicitar dita acción promocional. Asimesmo autoriza a que os datos sexan cedidos a terceiras empresas relacionadas coa entidade organizadora, aos únicos e exclusivos efectos de dar cumprimento aos fins da campaña en canto a divulgación, publicidade e promoción da mesma.

O titular dos datos subministrados, poderá exercer en calquera momento, os seus dereitos de acceso, rectificación ou supresión, limitación do tratamento, oposición ao seu tratamento, portabilidade, esquecemento, e todos aqueles recollidos na normativa aplicable, por medio de comunicación escrita dirixida a FEDERACIÓN DE COMERCIO DE LUGO, Ronda da Muralla, nº 52, entrechán dereita, 27002 de Lugo; teléfono 982255120, e-mail info@comerciogalicia.es, na cal conste expresamente e se especifique o dereito que desexa exercitar.
O titular ten dereito tamén a reclamar ante a autoridade de control en materia de Protección de Datos, no caso de que considere que se vulneraron os seus dereitos nesta materia ou non obtivera satisfacción no exercicio dos mesmos.

A Entidade organizadora resérvase o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como de suspender ou cancelar esta campaña/sorteo sen incurrir en ningún tipo de responsabilidade

CONSULTAR ANEXO I, ADXUNTO A ESTAS BASES, COS IAES DOS COMERCIOS QUE PODEN PARTICIPAR NESTA CAMPAÑA. INCLÚENSE AS PERRUQUERÍAS E SALÓNS DE ESTÉTICA E PEITEADO

ANEXO I: EPÍGRAFES DO IAE QUE PODEN PARTICIPAR NESTA CAMPAÑA:
647.1 Comercio polo miúdo de alimentación (excluidos os comercios que pertenzan a grandes cadeas ou liñas de distribución ou os grandes hipermercados)
651.1. Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, confeccións para o fogar, alfombras e similares e artigos de tapizaría.
651.2. Comercio polo miúdo de toda clase de pezas para o vestido e tocado.
651.3. Comercio polo miúdo de lenzaría e corsetaría.
651.4. Comercio polo miúdo de artigos de merzaría e paquetaría.
651.5. Comercio polo miúdo de pezas especiais.
651.6. Comercio polo miúdo de calzado, artigos de pel e imitación ou produtos substitutivos, cintos, carteiras, bolsos, maletas e artigos de viaxe en xeral.
651.7. Comercio polo miúdo de confeccións de peletaría.
652.2. Comercio polo miúdo de produtos de drogaría, perfumaría e cosmética, limpeza pinturas, vernices, disolventes, papeis e outros produtos para a decoración e de productos químicos.
652.3. Comercio polo miúdo de produtos de perfumaría e cosmética, e artigos para a hixiene e o aseo persoal.
652.4. Comercio polo miúdo de plantas e herbas en herbolarios.
653.1. Comercio polo miúdo de mobles (agás os de oficina).
653.2. Comercio polo miúdo de material e aparellos eléctricos, electrónicos, electrodomésticos e outros aparellos de uso doméstico accionados por outro tipo de enerxía distinta da eléctrica, así como de mobles de cociña.
653.3. Comercio polo miúdo de artigos de enxoval, ferraxaría, adorno, agasallo ou reclamo (incluíndo bixutería e pequenos electrodomésticos).
653.6. Comercio polo miúdo de artigos de bricolaxe.
653.9. Comercio polo miúdo doutros artigos para o equipamento do fogar NRNP.
656. Comercio polo miúdo de bens usados tales como mobles, pezas e aveños ordinarios de uso doméstico.
657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.
659.1. Comercio polo miúdo de selos, moedas, medallas conmemorativas, billetes para coleccionistas, obras de arte e antigüidades, minerais soltos ou en coleccións, fósiles, insectos, cunchas, plantas e animais disecados.
659.2. Comercio polo miúdo de mobles de oficina e de máquinas e equipamentos de oficina.
659.3. Comercio polo miúdo de aparellos e instrumentos médicos, ortopédicos, ópticos e fotográficos.
659.4. Comercio polo miúdo de libros, xornais, artigos de papelaría e escritorio, e artigos de debuxo e belas artes.
659.5. Comercio polo miúdo de artigos de xoiaría, reloxaría, prataría e bixutería.
659.6. Comercio polo miúdo de xoguetes, artigos de deporte, pezas deportivas de vestido, calzado e tocado, armas, cartucharía e artigos de pirotecnia.
659.7. Comercio polo miúdo de sementes, fertilizantes, flores e plantas e pequenos animais.
659.8. Comercio polo miúdo denominado sex-shop.
659.9. Comercio polo miúdo doutros produtos non especificados nesta agrupación, excepto os que deban clasificarse na epígrafe 653.9.
972.1. Servizos de barbaría de señora e cabaleiro.
972.2. Salóns e institutos de beleza e gabinetes de estética.

BASES SORTEO CONSUMIDORES

BASES DA CAMPAÑA PROMOCIONAL “GALA DE OUTONO DA PROVINCIA DE LUGO”

1. «GALA DE OUTONO DA PROVINCIA DE LUGO” é unha campaña promocional e publicitaria, promovida e organizada pola Federación de Asociacións de Comercio da Confederación Provincial de Empresarios de Lugo-Federación de Comercio de Lugo- xunto coa Excma. Deputación Provincial de Lugo, que ten como finalidade fundamental, o recoñecemento e posta en valor da importante posición que ocupan os pequenos comercios retallistas, como motores fundamentais da economía da provincia de Lugo, poñendo en alza, difundindo, e valorando como merecen os grandes esforzos que realizan estes pequenos comercios da nosa provincia, para fortalecer e mellorar a situación do tecido empresarial e comercial da mesma. E ao mesmo tempo, dar a coñecer e difundir entre os consumidores da provincia, a calidade da oferta comercial que lles proporcionan diariamente estes pequenos comercios, destacando as señas de identidade propias do comercio de proximidade, isto é: cercanía, trato directo e personalizado, calidade de produtos e servizos e forte impulso da economía local, ao ser un dos seus motores principais, recoñecendo e poñendo en alza polo tanto nesta campaña os valores tradicionais do pequeno comercio, e tamén as súas importantes iniciativas e accións dirixidas e modernizarse, innovar, dixitalizarse e resultar altamente competitivos. Esta campaña pois, ademais de recoñecer e premiar aos pequenos comercios e a súa importante labor como motor da economía provincial e local, pretende incentivar o consumo e as vendas neste sector, fortalecendo así a economía provincial e reportando beneficios a todos.

2. OBXECTIVOS DA CAMPAÑA: Así pois, esta campaña ten como obxectivos fundamentais, por unha banda recoñecer e premiar a gran importancia e valor do pequeno comercio polo miúdo para a mellora e fomento do desenrolo e fortalecemento da economía da provincia de Lugo, mediante as constantes actuacións que levan a cabo ditos comercios ao longo de todo o ano de xeito individual, co seu traballo diario, a súa boa xestión, a calidade dos seus produtos e servizos, e a boa atención personalizada aos clientes. E tamén a través das melloras e innovacións que incorporan nos seus establecementos de xeito colectivo, participando asíduamente nas accións e campañas conxuntas que organizan habitualmente, tamén durante todo o ano, as entidades que os representan, isto é, as Asociacións de Comerciantes Locais da Provincia de Lugo, e a propia Federación de Comercio de Lugo, contando sempre coa imprescindible e fundamental cooperación e apoio das entidades públicas competentes locais, provinciais e autonómicas, como é neste caso a Excma. Deputación de Lugo.

E por outra banda, difundir e dar a coñecer entre os consumidores que participen nesta campaña do xeito que se detalla nestas bases, as excelencias e a calidade dos produtos e servizos que ofertan estes pequenos comercios de proximidade, para así incentivar o consumo e as compras nos mesmos.

Así pois, todas estas accións individuais e colectivas, e tódalas campañas incluída a presente, que o sector do pequeno comercio e as entidades que os representan poñen en marcha e nas que participan masivamente os establecementos comerciais da Provincia (neste caso) ou da Comunidade Autónoma cando son de ámbito autonómico, están todas elas pensadas e dirixidas sempre a incentivar o consumo e incrementar as vendas no pequeno comercio local e provincial, mediante a realización de campañas promocionais, accións publicitarias e de difusión, actuacións de fomento do emprendemento, da renovación, modernización e dixitalización do sector, tratando sempre de potenciar o aumento e mellora da súa competitividade fronte a outros formatos de distribución comercial, incluíndo todas elas habitualmente, accións promocionais e publicitarias de todo tipo.

Entre estas accións podemos atopar habitualmente durante todo o ano, a realización de sorteos de tarxetas regalo, ás que poden optar os consumidores que merquen no pequeno comercio local, e que deben ser usadas tamén polos agraciados para mercar no pequeno comercio; e tamén concursos dirixidos por e para os comerciantes, para animar a todos eles a mellorar e modernizar a imaxe e xestión dos seus establecementos, e tamén para fomentar de xeito xeral o uso das novas tecnoloxías na xestión dos seus negocios e introducirse masivamente nas vendas online.

Tamén inclúen moitas destas accións animación nas rúas para nenos e grandes, que dotan de vida e actividade os centros das rúas das nosas vilas e cidades, a realización de descontos en datas sinaladas para o sector (organizados individualmente ou de xeito colectivo mediante as campañas), e calquera fórmula que resulte útil e eficaz para atraer aos consumidores, fidelizalos, e incentivar o consumo no pequeno comercio, concienciándoos ao mesmo tempo de que se mercan no pequeno comercio local e provincial, están invirtindo en beneficio da economía local e provincial, que repercute en beneficio de todos.

Xa que é evidente que o pequeno comercio local constitúe un dos sectores máis fortes, e un dos principais motores da economía local e provincial, polo que se o pequeno comercio funciona ben e obtén bos resultados, grazas en parte ao gran esforzo que fan traballando constantemente na mellora dos seus negocios, e coa posta en marcha e participando en todas estas iniciativas de promoción, publicidade, dinamización, modernización e incentivación das vendas, os seus bós resultados, repercuten directamente en beneficio do desenrolo da economía local e provincial.

Por isto esta campaña quere recoñecer e premiar o importante esforzo, e as accións realizadas polo pequeno comercio en beneficio de toda a economía provincial e local, e ao mesmo tempo, incentivar o consumo e incrementar as vendas.

3. DATAS DE REALIZACIÓN DA CAMPAÑA E ÁMBITO DA MESMA:
O ámbito desta campaña abarca a provincia de Lugo, polo que poderán participar na mesma comerciantes que desenrolen a súa actividade comercial na provincia de Lugo, e os consumidores maiores de idade que se inscriban para participar e cumpran todos os requisitos destas bases, sendo a data de inicio da campaña o 9 de novembro de 2022, e a data de finalización de tódolos actos da campaña o 2 de decembro de 2022 (data de realización do sorteo entre os consumidores participantes debidamente inscritos).

4. A DINÁMICA DA CAMPAÑA SERÁ A SEGUINTE:
Esta campaña consiste nun SORTEO que se levará a cabo ENTRE TODOS OS CONSUMIDORES MAIORES DE IDADE QUE SE INSCRIBAN PARA PARTICIPAR NA MESMA NA FORMA QUE SE DETALLA NESTAS BASES, E QUE VOTEN AOS SEUS COMERCIOS FAVORITOS DE CADA CATEGORÍA, DE ENTRE OS QUE ESTÉN INSCRITOS PREVIAMENTE NA MESMA PÁXINA WEB HABILITADA A TALES EFECTOS, PÁXINA A TRAVÉS DA CAL EMITIRÁN TAMÉN OS SEUS VOTOS OS CONSUMIDORES, segundo as indicacións que se detallan nestas bases, E ADQUIRINDO DESTE XEITO, A CONDICIÓN DE PARTICIPANTE NO SORTEO QUE SE LEVARÁ A CABO ENTRE TODOS ELES, DENTRO DESTA CAMPAÑA.

Os pequenos comercios da provincia de Lugo que se inscriban para participar neste concurso na páxina web habilitada a tal efecto: www.premioscomerciolugo.gal, cubrirán o formulario pertinente que atoparán en dita páxina, a través do cal facilitarán información sobre si mesmos que será de utilidade aos consumidores que participen nesta campaña para emitir os seus votos, aportando os comerciantes no momento da inscrición unha pequena memoria acreditativa dos seus méritos. Os comerciantes terán de prazo para inscribirse neste concurso/sorteo dende o 9 de novembro (data de inicio da campaña) ata o 15 de novembro de 2022.

As inscricións serán por empresa, isto é, que só poderán realizar a súa inscrición para participar no concurso desta campaña, en calidade de autónomos ou empresarios (persoas físicas ou xurídicas), que desenrolen a súa actividade comercial na provincia de Lugo, e no caso de que sexan propietarios de varios establecementos comerciais, non poderán participar con todos eles. A participación é por empresa, e polo tanto participarán cun só establecemento comercial que eles elixan inscribir no concurso.

Para poder participar neste concurso, deberán ser pequenos comercios da provincia de Lugo, (tamén se inclúen as perruquerías e os salóns de estética e peiteado).

Neste concurso haberá un total de 5 categorías de premios nas cales os comerciantes se poden inscribir nas datas indicadas, permitíndose unha soa inscrición por empresa no conxunto das 5 categorías.

É dicir, que cada titular dun pequeno comercio da provincia de Lugo, só poderá realizar unha única inscrición nunha destas categorías, e poderá polo tanto optar a un só distintivo ou recoñecemento no concurso de méritos relativo aos comercios, dentro das datas sinaladas, e cumprindo en todo momento, o disposto nas bases específicas que regulan a parte do CONCURSO DESTA CAMPAÑA. Estas bases non se proceden a comunicar a XOGOS, posto que a parte do concurso entre os comerciantes non inclúe ningún sorteo por combinación aleatoria entre os mesmos, xa que os comercios gañadores o serán polos seus méritos e a súa calidade do servizo que prestan aos consumidores, sendo elexidos os comercios gañadores deste concurso, os que resulten finalistas en primeiro lugar pola votación dos consumidores na páxina web habilitada, tal e como se explica nestas bases; e en segundo lugar, dentro dos finalistas elexidos en cada categoría pola votación popular, haberá un xurado que elexirá aos comercios gañadores finais en cada categoría do concurso, baseándose nun baremos de méritos recollido nas propias bases que rexen este concurso.

As presentes bases polo tanto, refírense soamente a parte do SORTEO ENTRE OS CONSUMIDORES QUE PARTICIPEN, xa que como xa explicamos anteriormente, A PARTE DO CONCURSO DE MÉRITOS ENTRE OS COMERCIANTES INSCRITOS, conta coas súas bases específicas, as cales non se comunican a XOGOS posto que se trata dun CONCURSO DE MÉRITOS, e non dun sorteo por combinación aleatoria.

Procedemos pois a COMUNICAR A XOGOS AS PRESENTES BASES RELATIVAS A PARTE DA CAMPAÑA RELATIVA AO SORTEO POR COMBINACIÓN ALEATORIA QUE SE CELEBRARÁ ENTRE OS CONSUMIDORES PARTICIPANTES NESTA CAMPAÑA, xa que se segundo a normativa, a obriga de comunicar a xogos, só afecta cando se trata dunha campaña que inclúe un sorteo por combinación aleatoria como neste caso, inda que explicamos brevemente nestas bases o funcionamento do concurso entre os comercios, posto que o mesmo, está relacionado co sorteo por combinación aleatoria entre os consumidores, e ambos forman parte da mesma campaña, e tamén para que se entenda mellor o funcionamento do sorteo entre os consumidores.

Os consumidores para poder participar no SORTEO DESTA CAMPAÑA e ter opción a obter un dos premios que se sortean e que se detallan no apartado de premios destas bases, deberán inscribirse para poder votar na páxina web
www.premioscomerciolugo.gal, facilitando o seu nome completo, DNI a efectos de identificación, e o seu teléfono de contacto, e poderán emitir os seus votos aos seus pequenos comercios favoritos, que figuren inscritos en dita páxina web en cada unha das 5 categorías de premios do concurso que figuran en dita páxina, xunto coa información relativa aos comercios inscritos e participantes; podendo cada consumidor maior de idade, votar a un só comercio inscrito por categoría, podendo emitir os seus votos nas 5 categorías, pero votando só a un comercio por categoría, e realizando as súas votacións entre as datas do 18 e o 30 de novembro de 2022.

Cada un dos consumidores axeitadamente inscrito na páxina web, poderá votar a un só comercio por categoría, o que lle dará dereito a unha participación por voto emitido axeitadamente, pero unha vez un consumidor participante resulte agraciado cun premio, non poderá optar a máis premios.

Entre todos os consumidores axeitadamente inscritos e participantes nesta campaña do xeito explicado no parágrafo anterior, realizarase o SORTEO que terá lugar en data de 2 de decembro as 12,30 horas na sede da Excma. Deputación de Lugo, de xeito telemático mediante un código programado que elexirá aleatoriamente aos agraciados de entre todos os consumidores participantes, que resultarán premiados con tarxetas prepago polos importes que se detalla no apartado de premios, tarxetas que deberán gastar tamén no pequeno comercio da provincia de Lugo.

5. PREMIOS.
Cada titular dos pequenos comercios participantes, que desenrolen a súa actividade comercial na provincia de Lugo, e que cumpran con tódalas condicións específicas recollidas nas súa bases específicas, soamente poderán realizar unha soa inscrición nunha das 5 categorías de premios habilitadas na páxina web indicada, polo tanto, só poderán optar a recibir un só premio na categoría na que se inscriban no seu caso. Cada consumidor participante que se inscriba na mesma páxina web indicada a efectos de participar nesta campaña (www.premioscomerciolugo.gal), terá dereito a votar a un só comercio inscrito en cada unha das 5 categorías, dándolle cada un dos votos emitidos dereito a unha participación no sorteo que se levará a cabo entre todos so consumidores votantes, pero os consumidores que resulten agraciados cun premio, xa non poderá optar a máis inda que teñan máis participacións.

De seguido, procedemos a descrición das 5 categorías de premios ás que pode optar cada pequeno comercio inscrito, tendo sempre en conta que se fará unha soa inscrición por empresario ou autónomo titular comerciante, para cada unha das seguintes categorías, e que cada consumidor votará só a un único comercio inscrito en cada unha destas categorías de premios:

CATEGORÍAS DE PREMIOS:

1. Premios á Mellor Traxectoria Individual:
Nesta categoría, valorarase e recoñecerase ao pequeno comerciante que teña demostrado o seu esforzo, traballo e adicación ao seu comercio na localidade onde está localizado, ao longo de toda a súa vida laboral e profesional.

Valorarase tamén a súa implicación gremial, e a súa vinculación coas asociacións de representantes do seu sector, na zona onde desenrola a súa actividade e coas accións que estas desenrolan. Os comerciantes que opten a esta categoría teñen que levar como mínimo 10 anos adicados ao sector.

2. Premio á Continuidade Empresarial:
Esta categoría está dirixida aos pequenos comercios da provincia que lograran manter a súa actividade empresarial durante cando menos 25 anos, grazas ao relevo xeracional ou a reconversión do seu negocio.

3. Premio á Dixitalización:
Esta categoría está dirixida a recoñecer iniciativas que teñan contribuído a redefinir o servizo aos clientes, tratando de melloralo sempre; así como a posibilitar ou fomentar novas experiencias dixitais na interacción comercio-cliente, tanto nos comercios físicos como no comercio online.

4. Premio ao Comercio Sostible:
Nesta categoría, recoñeceranse e valoraranse aqueles comercios que destaquen na posta en marcha de proxectos innovadores, que contribúan de xeito destacado a acadar os Obxectivos de Desenrolo Sostible (ODS)

5. Premio ao Mellor Comercio de Barrio:
Esta categoría está dirixida aos comercios localizados nalgún barrio das nosas cidades e vilas da provincia de Lugo, que destaquen porque ofertan unha proposta atractiva, diferente, innovadora e que resulte atraente para os consumidores, valorándose tamén o trato ao cliente e a conservación de algún oficio ou tradición típica da zona ou da nosa provincia ou típica galega, como por exemplo algún produto alimenticio típico ou algunha manualidade artesanal.

Entre todos os consumidores participantes nesta campaña, inscritos e que emitiran o seu voto cumprindo todo o disposto nestas bases e nas datas sinaladas, terá lugar un SORTEO de 200 tarxetas prepago da entidade financieira ABANCA, por valor de 50 euros cada unha delas, que terá lugar en data de 2 de decembro as 12,30 horas na sede da Excma Deputación de Lugo, de xeito telemático mediante un código programado que elexirá aleatoriamente aos agraciados de entre todos os consumidores participantes, e debendo os agraciados gastar estas tarxetas prepago tamén nos pequenos comercios da provincia de Lugo, tendo como prazo máximo para utilizar ditas tarxetas regalo, o 30 de xuño de 2023.

6. A mera participación nesta campaña supón a plena aceptación das presentes bases que rexen a campaña, así como de todo o disposto nas mesmas a tódolos efectos. O incumprimento destas bases supón a privación de todos os dereitos que podan derivar da participación na campaña.

7. PROTECCIÓN DE DATOS. De conformidade co disposto no Reglamento da UE 2016/679 de 27 de abril do 2016, así como na Lei orgánica 3/2018 de 5 de decembro de protección de datos personais e restante normativa estatal de aplicación no seu caso, infórmase que os datos subministrados polo titular dos mesmos aos efectos de participar nesta campaña, serán incorporados a un ficheiro ou rexistro privado e confidencial, do que é titular e responsable a entidade FEDERACIÓN DE COMERCIO DE LUGO, CIF G27190602 Ronda da Muralla, nº 52, entrechán dereita, 27002 de Lugo; teléfono 982255120, e-mail info@comerciogalicia.es Este ficheiro estará depositado e almacénarase pola empresa DINAHOSTING, con sede en Santiago de Compostela, entidade que cumprirá asimesmo con tódalas garantías de confidencialidade e con tódalas obrigas derivadas da normativa de protección de datos aplicable
Que a lexitimación para a obtención destes datos ven dada pola necesidade de contar cos mesmos para poder participar nesta campaña/acción promocional ou publicitaria, sendo tales datos tratados con todas as garantías, e coa única finalidade de dar saída e cumplimentar os fins e obxectivos propios da campaña, e serán ditos datos conservados polo responsable do ficheiro durante o periodo de duración de dita campaña.

A través da súa participación nesta campaña, o titular dos datos cedidos para a mesma, confirma que coñece e acepta o contido destas bases, presta o seu consentimento e autoriza expresamente a que tales datos básicos de identificación facilitados a tal fin, así como as imaxes tomadas no seu caso dos actos da campaña, poidan ser publicitados/as en medios de comunicación, redes sociais, etc, todo elo a efectos única e exclusivamente de divulgar e publicitar dita acción promocional. Asimesmo autoriza a que os datos sexan cedidos a terceiras empresas relacionadas coa entidade organizadora, aos únicos e exclusivos efectos de dar cumprimento aos fins da campaña en canto a divulgación, publicidade e promoción da mesma.

O titular dos datos subministrados, poderá exercer en calquera momento, os seus dereitos de acceso, rectificación ou supresión, limitación do tratamento, oposición ao seu tratamento, portabilidade, esquecemento, e todos aqueles recollidos na normativa aplicable, por medio de comunicación escrita dirixida a FEDERACIÓN DE COMERCIO DE LUGO, Ronda da Muralla, nº 52, entrechán dereita, 27002 de Lugo; teléfono 982255120, e-mail info@comerciogalicia.es, na cal conste expresamente e se especifique o dereito que desexa exercitar.
O titular ten dereito tamén a reclamar ante a autoridade de control en materia de Protección de Datos, no caso de que considere que se vulneraron os seus dereitos nesta materia ou non obtivera satisfacción no exercicio dos mesmos.

A Entidade organizadora resérvase o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como de suspender ou cancelar esta campaña/sorteo sen incurrir en ningún tipo de responsabilidade.